EconomíaEconomíaÚltima hora

Nova sinalización para os asociados do Centro Comercial Aberto O Barco

Trátase dunha placa co logo e as cores corporativas, cos horarios de apertura e peche de cada establecemento
Nova placa identificativa do CCA O Barco cos horarios. /Foto: Mónica G. Bellver.

Que os clientes saiban identificar facilmente os comercios pertencentes ao CCA e ao mesmo tempo, indicar os horarios de apertura e peche dos comercios de forma visible. É a dobre finalidade da nova sinalización que o Centro Comercial Aberto O Barco elaborou para os seus asociados.

Trátase dunha placa co logo e as cores corporativas da asociación, na que cada establecemento indica o seu horario, e que se colocarán nas portas dos comercios ou nun lugar visible dos mesmos.

 

Artigos relacionados

Back to top button