En portadaÚltima hora

Nova suba nos casos activos de Covid na provincia, que chega aos 519

As cifras de hospitalización mantéñense estables con 6 ingresos no Hospital de Valdeorras, 3 no de Verín e 25 no de Ourense

 

A provincia de Ourense volve superar a barreira dos 500 casos activos de coronavirus. Así, segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 21 de decembro), a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra un total de 519 pacientes con infección activa (o que supón 30 máis que onte), dos cales 30 están hospitalizados en planta e 4 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte en ambos casos). Soben así mesmo os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas cun total de 44 (fronte aos 42 de onte).

No que se refire aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras mantén 6 persoas hospitalizadas en planta (cifra que se mantén dende o sábado), mentres o Hospital de Verín ten 3 en planta (os mesmos que onte), e o Hospital Universitario de Ourense rexistra 21 en planta e 4 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 8.205, con 7.378 curados e 307 falecidos (Sanidade non comunicaba onte ningún falecemento). Polo de agora lévanse realizado 130.702 probas PCR e 66.687 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button