SanidadeÚltima hora

Nova técnica cirúrxica minimamente invasiva para a intervención de tumores de recto no HCV

Porase en práctica no centro o 19 de maio en dúas operacións nas que intervirá o xefe de servizo de Cirurxía Xeral do CHUAC e un equipo do HCV
Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.
Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.

Na mañá do 19 de maio realizaranse no Hospital Comarcal Valdeorras (HCV), no Barco, dúas intervencións de extirpación dun tumor de recto, mediante unha novidosa técnica cirúrxica denominada NOTES. É unha práctica minimamente invasiva que consiste en empregar os orificios naturais. Estas dúas operacións serán realizadas polo xefe do Servizo de Cirurxía do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC), José Noguera, un dos pioneiros no uso desta técnica, coa asistencia de María Teresa García Martinez, do Servizo de Cirurxía do Hospital Comarcal de Valdeorras (HCV).

Con esta nova técnica “utilízase un dispositivo de cirurxía laparoscópica a través de incisión única (SILS), que permite a realización da intervención a través do ano, sen necesidade de realizar mais incisións cirúrxicas. Esta técnica evita, nalgúns casos, a realización dunha colostomía, sen alterar así a continencia do enfermo, e mellora a recuperación postoperatoria, por tratarse de intervencións menos agresivas”, segundo se informa dende o Sergas.

Esta iniciativa permitirá formar aos integrantes do servizo de cirurxía do hospital valdeorrés nas distintas aplicacións destas técnicas laparoscópicas, “aplicables a un gran número de procesos de gran prevalencia, cun aumento constante do seu uso, polo que os profesionais precisan dunha formación continuada. A de mañá será a primeira intervención destas características que se realice no hospital de O Barco”, tal e como se destaca dende o Sergas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close