En portadaSanidadeÚltima hora

Nova técnica minimamente invasiva no HCV

Permite a reparación do prolapso rectal, evita o uso de anestesia xeral e fai posible a rápida recuperación dos pacientes

 

Un dos momentos da aplicación da nova técnica, no HCV.

O Servizo de Cirurxía do Hospital Comarcal Valdeorras comezará a aplicar unha nova técnica cirúrxica minimamente invasiva para a reparación do prolapso rectal, mediante excisión Transtar. O día 20 de febreiro realizábase por vez primeira esta técnica no centro barquense, dirixida polo doutor Eloi Espín, xefe da Unidade de Cirurxía de Colon e Recto do Hospital Val D´Hebrón de Barcelona.

Espín, que é doutor en cirurxía e profesor titular do Departamento de Cirurxía da Universidade Autónoma de Barcelona, Board Europeo de Coloproctoloxía e membro das sociedades europea e americana de coloproctoloxía; leva anos desenvolvendo esta técnica, que agora se incorporas a carteira de servizos do HCV.

Nela utilízase a sedación local, raquídea, polo que “ao evitar a anestesia xeral, posibilita ofertar unha resposta cirúrxica a pacientes nos que, pola súa idade avanzada ou estado de saúde, non estaba indicada unha intervención. Asemade, ao ser mínimamente invasiva, xa que se realiza perianalmente, e non vía abdominal, permite a rápida recuperación dos pacientes cun mellor postoperatorio e plena recuperación das súas funcións entre as seis e as oito semanas”, segundo se informa dende o Sergas.

O prolapso de recto e unha afección que implica “a saída de parte, ou todo, o recto a través do ano. Súa maior problemática nos adultos, dase nas mulleres de idade avanzada, que o padecen máis habitualmente que os homes. Aínda que se descoñece exactamente a súa causa, relaciónase cos partos, o estreñimento crónico, a debilidade da musculatura, asociada ao envellecemento, así coma a problemas neurolóxicos”, indican dende o Sergas.

O tratamento desta afección é sempre cirúrxico, e as vías de abordaxe dependen de factores como o tamaño do prolapso, idade e condición médica do paciente. “Entre elas, a vía máis habitual é a través do abdome mediante cirurxía tradicional ou laparoscópica, ou, como neste caso, a través do periné, o que permite intervir con menores riscos a pacientes de maior idade e peor condición médica”, matizan dende o Sergas.

Pese a non ser unha patoloxía grave que conleve graves riscos para o paciente, seu padecemento parella frecuentemente debilidade de esfínter, polo que afecta a vida diaria e autoestima dos que o padecen.

María Teresa García Martínez, do Servizo de Cirurxía do HCV, estima que no hospital valdeorrés diagnostican ao redor de 12 casos ao ano, que mediante a incorporación desta técnica, terán máis alternativas para ser intervidos directamente no Barco, co sistema que mellor se adapte as necesidades de cada paciente.

Artigos relacionados

Back to top button
Close