DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Nova vitoria e liderato para o C.D. Trives

Os rapaces de David Pérez vencían 2-0 ao Parada de Sil C.F. na 6ª xornada de liga en terceira autonómica

En menos dunha semana o C.D. Trives e o Parada de Sil C.F. víanse as caras no terreo de xogo. O mércores 12 de outubro, o Parada lograba clasificarse para a Copa Deputación logo de superar, na tanda de penaltis (tralo empate a uns final) aos rapaces de David Pérez. E só tres días despois, na tarde do sábado 15 de outubro, enfrontábanse no campo do Agro no partido correspondente á 6ª xornada de liga en terceira autonómica.

Desta volta,  o resultado era favorable para os amarelos que sumaban unha nova vitoria ao seu historial ligueiro, converténdose nos líderes en solitario da clasificación. Tras unha primeira metade sen goles, na segunda parte impoñíase o conxunto local cos tantos de Alberto (minuto 78) e Guille (minuto 81) que lles daban a vitoria e os tres puntos en xogo.

A próxima cita ligueira do C.D. Trives será a vindeira fin de semana contra Loureiro C.F. de novo no campo do Agro.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button