DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Nova vitoria para o CD Barco na recta final da pretempada

O equipo barquense vencía 5-1 á SD Sarriana en Calabagueiros, na tarde do 15 de agosto

O 23 de agosto o Centro de Deportes Barco comezará a súa andaina en terceira división, unha categoría que requerirá de todo o seu talento, concentración e esforzo. Por iso leva un mes preparándose nunha intensa pretempada con fortes adestramentos e partidos amigables dos que leva cinco vitorias. A última, tiña lugar na tarde do 15 de agosto en Calabagueiros ante a SD Sarriana.

Tralo primeiro gol de Rodri e unha primeira metade igualada, a segunda parte do encontro foi do equipo local que non deu opcións. Ao final e malia o tanto visitante encaixado na primera parte, o Centro de Deportes Barco gañaba por un contundente 5-1 (goles de Rodri, Dani, Mitogo en dúas ocasións e Michel).

No encontro tamén houbo lesións, as de Borja e Rubén que foron rapidamente substituidos.

Despois desta vitoria, ao conxunto de Javi Rey quédalle un partido máis antes de comezar a liga no campo do Verín, o outro conxunto ourensán recén ascendido co que empataba a uns no partido de pretempada hai unha semana.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button