En portadaÚltima hora

Nova xornada de aumento de casos activos de Covid na provincia, cun total de 764

O Hospital de Valdeorras mantense libre de virus, mentres o de Verín ten 4 ingresos e o de Ourense 29, segundo Sanidade

Foto: Mónica G. Bellver.

 

Seguen medrando os casos activos de coronavirus na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Rexístranse un total de 764, 30 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 6 de xaneiro.

Tamén se incrementan os ingresos. Así dese total de casos, 32 están hospitalizados en planta (1 máis que onte) e 2 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte). Tamén suben os casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas un total de 71 (fronte aos 67 de onte).

No que se refire aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras continúa, por quinto día consecutivo, libre de virus, mentres que o Hospital de Verín segue con 4 ingresos en planta (1 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense sobe a 27 en planta (1 máis que onte) e 2 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 9.007, con 7.931 curados e 312 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 140.160 probas PCR e 68.633 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button