ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Nova xornada de pesca do “peixe lixo” no Sil dende Os Chancís (Sober)

A iniciativa para limpiar as augas do Canón do Sil na Ribeira Sacra desenvolverase o vindeiro 21 de agosto
Mantener o río o máis limpo posible é o obxectivo da xornada de pesca do “peixe lixo” no Sil dende Os Chancís, unha iniciativa promovida pola empresa turística Siltrip cada verán dende o 2012.

Nesta ocasión, a cita será o martes 21 de agosto de 12 a 18h. co punto de partida no peirao de Os Chancís (Sober), onde Siltrip ten os seus kaiaks. Estas embarcaciones, oito en total, serán postas a disposición dos voluntarios que se unan á limpeza do río de forma gratuíta. “Son kaiaks bipraza, así que poderán estar traballando na auga de manera simultánea 16 persoas”, explican dende a organización, adiantando que tamén son necesarios voluntarios para para transportar o lixo en terra, dende as embarcacións ata o punto onde se vai depositar.

Botellas de auga, latas de refrescos, caixas de uvas, plásticos de produtos fitosanitarios, defensas de coches, lavadoras, rodas… Son os “peixes lixo” do Canón do Sil, na Ribeira Sacra, e como cada verán, dende Siltrip fan un chamamento a “todos os veciños, turistas, empresas, asociaciónss veciñais, piragüistas, escaladores, viticultores, concellos e demais interesados” en manter limpas as augas do Sil ao seu paso por esta parte da Rede Natura 2000, que se sumen á iniciativa, ben participando ou bien colaborando con doacións ou agasallos para sortear entre os participantes.

Para organizar os grupos é obrigatorio apuntarse escribindo un correo electronico a info@siltrip.com indicanco datos persoais, teléfono móbil de contacto e disponibilidade horaria.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button