OurenseÚltima hora

Nova xornada de recollida de lixo no río Loña, en Ourense

Os Ecovixiantes de Franciscanas depositaban ademais no contedor amarelo, 72 kg de envases lixeiros xerados e acumulados no centro

 

“O medioambiente en Franciscanas vai sobre rodas”, aseguran os Ecovixiantes de Ourense. E nunca mellor dito xa que dúas grandes rodas de camión que se escondían no río Loña eran sacadas á luz na xornada deste mércores 14 de abril.

Despois da inspección de primavera do Proxecto Ríos da semana pasada, os Ecovixiantes tomaban nota de certos residuos e hoxe actuaban. Ataviados con alargadores, luvas, bolsas, traxes e botas de auga, e superando a forte corrente “pero sen perigo en ningún caso”, asegura o profesor, dividíronse en dous grupos: con Cristina os máis pequenos, limpando as ribeiras do río; e con Lalo os maiores, que “tras un esforzo titánico lograban retirar do río esas dúas enormes rodas”, puntualiza o profesor Lalo.

 

Recollendo lixo na beira do río Loña.

 

Despois desta xornada, produtiva e tamén divertida, procedían a depositar no contedor amarillo os envases lixeiros xerados e acumulados no centro educativo. Completaban así a quinta xornada da Campaña Únete ao Reto no que os Ecovixiantes de Franciscana están inmersos para axudar a que o seu Concello consiga o premio para causas sociais e solidarias. En total foron 72 kg de material plástico, unha cantidade considerable que demostra o grave problema que supón a diario nesta sociedade de consumo “e de usar e tirar”.

Os chalecos amarelos do Programa Stars de desprazamentos sostibles así como a axuda de Ecourense para todas as limpezas, son outros dos sinais de identidade de Ecovixiantes, cuxa vindeira acción estará relacionada coa celebración do Día do Libro “dende o medioambiente”, puntualizan dende Franciscanas de Ourense.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button