SanidadeÚltima hora

Nova xornada de vacinación sen cita previa, este venres no Hospital de Valdeorras

 

Mañá, venres 11 de setembro, de 9 a 14:30 e de 15 a 20:30 horas, levarase a cabo unha nova xornada de vacinación contra o Covid-19, sen cita previa, no Hospital Público Valdeorras. Poderán acudir todos os maiores de 12 anos que, por diferentes motivos, aínda non recibiran a primeira dose, presentado a tarxeta sanitaria.

Tamén estará aberta a vacinación, no mesmo horario, no Hospital Público de Verín e en Expourense.

A primeira xornada de vacinación sen cita previa tiña lugar o pasado sábado 11 de setembro tralo anuncio feito polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen explicou que “o 92,5% dos galegos que forman a poboación diana teñen unha dose; e o 85,8% desa poboación ten as dúas”. Segundo informou, a intención é que o 19 de setembro estea vacinada a poboación escolar.

 

Artigos relacionados

Back to top button