OurenseÚltima hora

Novas actividades do Verán Cultural de Ourense esta semana

O xoves, 3 de setembro, haberá un espectáculo de novo circo con Edu Manazas e o venres, día 4 The Soul Jacket ofrecerán un concerto de rock

Exterior do Concello de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Ourense programa novas actividades no marco do seu “Verán Cultural”, unha iniciativa da Concellería de Cultura. Este xoves, día 3 de setembro terá lugar un espectáculo de novo circo a cargo de Edu Manazas coa súa obra clown “Fóra de Stock”. O evento será ás 20:30h na terraza do Auditorio.  Trátase dun espectáculo sobre o traballo, as persoas e a súa relación; con números de malabares e acrobacias.

Ao día seguinte, venres 4, a banda galega The Soul Jacket ofrecerá un concerto ás 20:00, no mesmo emprazamento. O grupo tocará un repertorio inspirado no rock & roll americano e británico dos primeiros anos setenta pero con fortes influencias soul, especialmente na voz e na estética. A entrada a ambos eventos é gratuíta e o uso de mascarilla será obligatorio.

Artigos relacionados

Back to top button