O Concello de Ourense programa dúas actividades para os máis pequenos o vindeiro martes, 25 de agosto. Ás 11:30 terá lugar un contacontos na biblioteca municipal de San Francisco. O evento, de nome “A festa dos monicreques”, desenvolveo a Xunta de Galicia en colaboración co goberno municipal. A actividade busca proporcionar aos rapaces unha oferta de lecer achegandoa aos contos, á lectura e ás bibliotecas do concello. As prazas estarán limitadas e para participar é necesario inscribirse na biblioteca ou vía telefónica.
Ese mesmo día, ás 17:15h no Parque de Barrocás, terán lugar os xogos acuáticos dentro da campaña “Móllate co Comercio”, unha iniciativa do goberno local para apoiar o comercio da zona programando actividades para os máis pequenos. A entrada é gratuíta e o aforo estará limitado.