DeportesMontañismoÚltima hora

Novas rutas por Trevinca para o mes de decembro

Ademais das andainas, en caso da existencia de neve, tamén se realizarán actividades con raquetas

Ruta Lagoallos da Calva. /Foto: Terras Altas de Trevinca.

 

Agardando que o Covid dé algo de tregua e que cheguen as neves, Terras Altas de Trevinca, en colaboración co Concello da Veiga e o Concello zamorano de Porto, continúa coas súas propostas de actividades en torno á montaña, desta volta para o vindeiro mes de decembro.

Nesta ocasión todas as propostas son diurnas, con rutas de natureza e montaña os días 5, 6, 7, 8, 13 e 19 de decembro, por Pena Trevinca, por atalaias naturais de Xares, por chouzos estivais de pastores,… con rutas que van dende os 13 ata os 24 quilómetros, de dificultade baixa, media e alta para todos os gustos e niveis.

 

 

Con todo, dende a organización adiantan que dito calendario pode sufrir variacións na súa programación en función da existenza de neve suficiente para realizar actividades con raquetas de neve, mantendo os grupos e protocolos hixiénico-sanitarios, acordes á lexislación vixente. Para participar é necesario contactar co guía Juanjo Lorenzo, de Terras Altas de Trevinca, mediante o número de teléfono 722 336 822.

Artigos relacionados

Back to top button
Close