DeportesÚltima hora

Novas vías de acceso ás bancadas no Estadio Municipal de Calabagueiros, no Barco

As novas escaleiras facilitarán a evacuación en caso de emerxencia e tamén axudan a mater a distancia social fronte ao Covid

 

Pouco a pouco o Estadio Municipal de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras, vaise reformando para adaptarse ás normas vixentes e tamén ás novas necesidades. Renovación da fachada externa, pintado, instalación de novos focos no campo de fútbol, eliminación de barreiras,… e agora novas escaleiras de acceso ás bancadas.

Con varios tramos de escaleiras de metal para acceder ás diferentes seccións das bancadas (tribuna, xeral,…) se atopaban os afeccionados que na tarde do domingo 8 de novembro asistían ao partido entre o CD Barco e o Arousa, co aforo limitado a 150 persoas polas restricicións sanitarias.

Tal como explica o concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso, esta nova estrutura metálica estaba xa planificada antes da pandemia, “para cumprir coas normas de evacuación en caso de emerxencia”, pero tamén serven para cumprir coas medidas sanitarias de distanciamento social anticovid, evitando que a xente se aglutine ao acceder ás bancadas. En calquera caso, “a obra aínda non está terminada”, asegura o edil de Deportes.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button