PolíticaÚltima hora

Novas Xeracións do PP de Ourense promove unha campaña solidaria

En colaboración coa Fundación Seur fará unha recollida de tapóns de plástico para sufragar actividades sociais e benéficas
Cartaz da campaña.
Cartaz da campaña.

Cun fin benéfico a organización Novas Xeracións do Partido Popular de Ourense e a Fundación Seur veñen de asinar un convenio de colaboración que permitirá poñer en marcha unha campaña de recollida de tapóns de plástico para sufragar as actividades sociais e benéficas que desenvolve a citada fundación.

Nesta iniciativa, denominada “Tapóns para unha nova vida”, Novas Xeracións conta coa cooperación das agrupacións xuvenís de Ourense, Xinzo de Limia, O Carballiño, Ribadavia, A Peroxa e Muíños, aínda que espera que ao longo dos próximos días se rexistren novas incorporacións por toda a provincia.

O presidente de Novas Xeracións, José Antonio Parente, vén de facer asemade un chamamento á colaboración cidadá lembrando que “toda aportación, por pequena que sexa, será de gran axuda para mellorar na medida das posibilidades as condicións de vida de moitas persoas”.

Pola súa banda, a Fundación Seur encargarase da instalación e recollida dos colectores que repartirá nos puntos habilitados, que a organización xuvenil espera se ubiquen en instalacións municipais e locais comerciais que decidan participar nesta campaña.

Artigos relacionados

Back to top button