EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Nove adegas valdeorresas premiadas pola publicación “Hostalaría Gastronomía e Turismo”

O acto de entrega destas distincións tiña lugar na sede do CRDO Valdeorras

 

Ata 16 medallas correspondíanlle á Denominación de Orixe Valdeorras tras a cata do 2018 que promovía a publicación Hostalaría, Gastronomía e Turismo. En concreto eran nove as adegas galardoadas: Joaquín Rebolledo cun bronce, D’Berna con tres bronces, Godeval cunha prata, Terriña cunha prata, Virxen de Galir cunha prata e un bronce, Santa Marta cunha prata e un bronce, Rafael Palacios cun ouro, Quinta da Peza con un ouro, unha prata e un bronce e Roandi con dous ouros e dúas pratas.

Estas distincións entregábanse ás 13h. deste mércores 18 de decembro nun acto celebrado na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras en Vilamartín. Nel contábase coa presenza de boa parte dos adegueiros recoñecidos, así como co presidente do CRDO Valdeorras, José Luis García Pando; co alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez; co concelleiro de Cultura, José Vicente Solarat; coa enóloga Cecilia Fernández (Asociación Galega de Enólogos) e con representantes da publicación que outorgaba os premios, entre eles o seu director, Guillermo Campos.

O presidente do CRDO Valdeorras daba á benvida ao acto e agradecía a implicación da publicación co sector a través de iniciativas como estes premios, así como o feito de facer a entrega dos mesmos en Valdeorras. O acto pechábase coa intervención de Guillermo Campos, quen lembraba a traxectoria de 25 anos da revista e a súa aposta polo mundo da hostalaría e polo sector do viño.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button