OurenseÚltima hora

Nove concertos encherán de música os Camiños Xacobeos de Ourense

A II edición de “Voces no Camiño” celebrarase en diferentes punto da provincia nos meses de xuño, agosto, outubro e decembro
Xavier Vaz, Antonio Fernández, Rosendo Fernández e Mª del Carmen González na presentación do ciclo.

Os Camiños Xacobeos de Ourense encheranse de música coa celebración de “Voces do Camiño 2018”, o II Ciclo de Encontros de Agrupacións Vocais no Camiño de Santiago, que este ano ofrecerá un total de nove concertos, en diferentes punto da xeografía ourensán, nos meses de xuño, agosto, outubro e decembro.

O programa de concertos dará comezo o día 22 na Igrexa de San Martiño de Loiro, e continuarán ao día seguinte na Catedral de Ourense, e o día 24 de xuño en Xunqueira de Ambía, sendo o último concerto do mes, o día 30 de xuño, no Camiño Real de Cudeiro. No mes de agosto haberá un único concerto que será o día 19, na Colegiada de Xunqueira de Ambía. No mes de outubro, o día 12 volverá a ser a Catedral de Ourense o escenario que acollerá os concertos, e ao día seguinte, o 13 de outubro, haberá concertos en Bande e en Celanova. Por último, o día 22 de decembro será o concerto final na Catedral de Ourense. Ademais de grupos ourensáns, tamén actuarán grupos procedentes de Burgos, Santander, Cádiz e Asturias.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close