Segue elevándose a cifra de falecementos de persoas infectadas polo COVID-19 en Galicia. Nas últimas horas rexistrábanse nove falecementos máis. Dous destes pacientes estaba ingresado no Hospital de Verín, eran un varón de 80 anos e unha muller de 84 anos, segundo informa a Consellería de Sanidade.
Tamén falecían outros catro varóns de 78, 87, 76 e 70 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), un varón de 82 anos ingresado no Hospital de Montecelo e outro paciente de 87 ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Falecía ademais un paciente de 87 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).