En portadaÚltima hora

Nove grupos participarán nos II Cantos de Taberna de Viana

Terá lugar o 29 de decembro a partires das sete e media da tarde na vila

 

Os Bertolini de Manzaneda, actuando en Viana./ Foto: Carlos G. Hervella.

A música tradicional galega encherá os bares de Viana do Bolo a partires das 19:30h. do sábado 29 de decembro. A vila acollerá, no marco da programación de Nadal, a segunda edición dos seus Cantos de Taberna coa participación de 9 grupos de música tradicional galega de diferentes puntos da xeografía galega (Trives, Manzaneda, A Rúa, Cangas do Morrazo, etc.).

Trátase de Tomalleoutra, Ouruxobruxo, As Macizas Centrais, Asociación Cultural Candea, Comando Morraso, Os Bertolini, Os Tabernícolas, Charanga Alegría e Os Chavalines.

Os grupos participantes irán rotando coas súas actuacións polos diferenres locais de Viana do Bolo para o goce de veciños de visitantes.

Artigos relacionados

Back to top button