CulturaCulturaÚltima hora

“Novecentos”, no Teatro Lauro Olmo do Barco

Esta obra de Peripécia Ibérica representarase o 19 de febreiro ás 21h.
Unha das esceas de "Novecentos, o pianista do océano".
Unha das esceas de “Novecentos, o pianista do océano”.

Humor, poesía e música en directo son as claves que manexa compañía ibérica Peripécia (con sede en Vila Real, Portugal) na posta en escea de “Novecentos, o pianista do océano”. Esta obra representarase o vindeiro venres 19 de febreiro ás 21h. no Teatro Lauro Olmo do Barco.

A peza teatral, cunha duración de 90 minutos, está baseada no texto “Novecentos” do autor italiano Alessandro Baricco (Turín, 1958). A dirección corre a cargo de Noelia Domínguez e o elenco de actores está formado por Sérgio Agostinho, Anxo Fragua, Luís Filipe Santos e Tiago Abrantes. “Cada actor interpreta varios personaxes, e durante a obra asume a espontaneidade dos contadores de historias, mesturando a ironía dos entertainers e o humor inocente dos clowns”, segundo se indica dende a Concellería de Cultura do Barco.

A amizade, a beleza e o poder da imaxinación son algunhas das temáticas que plantexan nesta obra e que se reflicten “sobre o noso mundo desde unha perspectiva moi propia e sorprendente”.

Artigos relacionados

Back to top button