CulturaCulturaEspecial Cristo 2016Galerías de fotosMúsicaÚltima hora

Novedades Carminha seduce ao público co concerto do Cristo

A banda galega de punk/garaxe actuaba no campo da festa do Barco de Valdeorras

O venres 9 de setembro inaugurábase o apartado musical das Festas do Cristo do Barco con varias actuacións en dous espazos. O festival de grupos locais abría o programa na praza Maior pasadas as nove da noite. Alí actuaban SdeRap & Torfy, Placeres Solitarios e Big Crunch. E xa pasada a media noite tocáballe o turno a Novedades Carminha que seduciu ao público co seu concerto no campo da festa.

Sobre o escenario, a banda galega despregou todo o seu talento musical, cun estilo influenciado por grupos de punk e garaxe xurdidos en inglaterra e Estados Unidos nos anos 70 así como de bandas españolas dos 80. No Barco de Valdeorras presentaron entre outros, temas do seu último disco “Campeones del mundo” no que apostan por un rock and roll para bailar, incorporando novos elementos ao seu peculiar son.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button