EconomíaEconomíaÚltima hora

Novidades na campaña “Máis Barco”, cun novo prazo de solicitudes de tarxetas

Nel inclúese a posibilidade de pedir unha segunda tarxeta aos que xa recolleran a primeira, segundo indica o Concello do Barco

Publicidade
Cartel identificativo dos establecementos participantes na campaña “Máis Barco”./ Foto: A.R.

 

Na súa recta final, a campaña de dinamización do comercio e da hostalaría “Máis Barco” incorpora novidades. Unha delas é que dende este martes 9 de febreiro ás 13 horas está aberto un novo prazo de solicitude “que inclúe a posibilidade de solicitar unha segunda tarxeta aos que xa recolleran a primeira”, segundo informa o Concello do Barco, promotor da iniciativa en colaboración coa Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva).

Ademais o sábado 13 de febreiro ás 24:00 horas finalizará o prazo de solicitude de tarxetas “Máis Barco” xa que non se establecarán máis prórrogas. O luns 22 febreiro será o último día de distribución e reparto de tarxetas “Máis Barco” e o 31 de marzo será o derradeiro día de uso da tarxeta “Máis Barco”.

A día de hoxe están solicitadas e autorizadas case que 3.000 tarxetas, polo que aínda quedan da orde de 2.000 que se poderían solicitar, segundo o Concello.

Máis información:
https://www.concellodobarco.gal/es/mais-barco#popup

Artigos relacionados

Back to top button