CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Novidades na Escola de Música do Concello de Trives

Neste curso o centro tamén impartirá unha asignatura de baixo eléctrico e guitarra eléctrica

Actuación de alumnos da Escola de Música de Trives./ Foto: Concello de Trives.

 

Novidades neste curso na Escola de Música do Concello da Pobra de Trives. A reorganización levada a cabo neste centro polo goberno municipal “permitiu suprimir a lista de agarda para as clases de guitarra, permitindo con ello que inscritos que levaban anos esperando para entrar na escola, acadaran por este ano, matricularse e formar parte do alumnado”, tal e como se informa dende o Concello trivés.

Outra das novidades deste curso, “a parte da linguaxe musical, piano e guitarra clásica, os alumnos poderán disfrutar tamén da asignatura de baixo eléctrico e guitarra eléctrica”, matizan dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button