ConcellosEn portadaÚltima hora

Novo accidente de tráfico en Trives

Un vehículo cun remolque saíase da vía na estrada OU-636 á altura da ponte Cabalar, resultando ferida unha persoa

A estrada OU-636 ao seu paso polo municipio de Trives continúa rexistrando accidentes. Esta mañá un land rover cun remolque saíase da vía nas proximidades do desvío a Manzaneda, moi preto da ponte Cabalar. O quitamedos evitaba que o vehículo caíse ao río, quedaba nun pequeno desnivel nun camiño contiguo.

Segundo as primeiras informacións, unha persoa resultaba ferida e era trasladada ao Hospital Comarcal Valdeorras. Ata o lugar desprazábase de inmediato Protección Civil de Trives, a Policía Local, o 061 e a Garda Civil de Tráfico.

Fotos da galería: Protección Civil de Trives.

 

Foto cedida.

 

Foto cedida.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button