ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Novo accidente de tráfico na N-120 ao seu paso por Vilamartín

Pasadas as dúas e media desta tarde de 27 de outubro producíase un novo accidente de tráfico na estrada N-120 ao seu paso polo municipio de Vilamartín. Un vehículo, no que viaxaba unha parella, saíase da calzada cando viaxaba en dirección ao Barco xusto na saída da vila vilamartinesa, e ía para a unha horta, onde quedaba volcado.

De inmediato se trasladaban ata o lugar do sinistro o 061, o GES Valdeorras, a Garda Civil e os Bombeiros de Valdeorras. Os dous ocupantes do vehículo eran traslados en ambulancia ao Hospital Comarcal Valdeorras.

Hai apenas 20 días rexistrábase, tamén en Vilamatín, outro sinistro na mesma estrada N-120.

Artigos relacionados

Back to top button