ConcellosÚltima hora

Novo accidente dun camión en Carballeda de Valdeorras

O conductor foi evacuado en helicóptero a un centro hospitalario
Un dos momentos da evacuación en helicóptero do ferido.

Rozando as nove da mañá do 16 de xuño rexistrábase un accidente de tráfico no termo municipal de Carballeda de Valdeorras. Un condutor dun camión, cargado con lousa, volcaba, quedando o seu condutor atrapado na cabina. A partir de aí alertábase ao 112 e acudían ao lugar do suceso os servizos de emerxencias. Finalmente o home era evacuado en helicóptero a un centro hospitalario.

Este é o segundo accidente deste tipo que acontece en apenas dous días. Así na tarde do 14 de xuño producíase un accidente de tráfico na estrada que une Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) e A Baña. Un camioneiro resultaba ferido ao saltar da cabina cando o seu vehículo saíase da vía.

Artigos relacionados

Back to top button