Luis Fernández Gudiña, que tomaba posesión o 24 de xuño como novo alcalde da Rúa, mantiña na mañá do 19 de xullo o seu primeiro encontro institucional coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.
No decurso da xuntanza, celebrada no despacho da delegada en Ourense, analizaron os proxectos que este concello ten solicitados diante da Xunta para os próximos meses e o seu estado de tramitación.