ConcellosÚltima hora

Novo aviso amarelo por tormentas en Valdeorras e na montaña ourensá

 

Dende a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de emitirse un novo aviso amarelo por tormentas que afectará a Ourense (Montaña e Valdeorras) e Lugo (Montaña e Sur) dende o mediodía deste mércores 3 de maio ata últimas horas da seguinte noite”.

Este fenómeno meteorolóxico adverso irá acompañado de chuvias que poden acadar os 15 mm nunha hora. Tal como avanzan dende a AEMET “nas zonas afectadas son de prever choivas e/ou ventos localizados fortes, con granizo inferior a 2 cms, así como tamén tormentas de intensidade superior de xeito puntual”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button