SanidadeÚltima hora

Novo brote de Covid en Riós, con tres positivos

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de confirmarse un novo brote de coronavirus na provincia. Ten sido detectado en Riós e é de orixe famiilar. Afecta a tres mulleres: unha de 66 anos e dúas 64 anos. As tres están a seguemento nos seus domicilios.

Por outra banda, o brote de Mariñamansa ascende a 29 persoas, “coa detección dun caso máis, un home de 29 anos”, segundo Sanidade.

Ademais, o gromo do Carballiño, con orixe nunha xuntanza de amigos, sobe a 16 casos coa detección dun novo positivo, un mozo de 19 anos.

En todos estes brotes continúa activo o seguimento dos contactos estreitos

Ademais, coincidindo coa fin de semana, Sanidade pide de novo “prudencia a toda a poboación, especialmente en xuntanzas e celebracións, principal orixe dos novos casos que se están a detectar”.

Artigos relacionados

Back to top button