En portadaÚltima hora

Novo brote familiar de Covid na Rúa con tres positivos

Tamén se detectou outro familiar na cidade de ourense con 6 casos, segundo Sanidade

Exterior do actual Centro de Saúde da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Vén de detectarse un novo brote de Covid-19 no municipio valdeorrés da Rúa. Así o vén de confirmar a Consellería de Sanidade nesta tarde. Trátase dun brote “de carácter familiar  con 3 casos positivos: un home de 69 anos e dúas mulleres de 36 e 29. Todos eles en illamento e a seguimento a domicílio. Continúa activo o seguimento dos seus contactos”, indica a consellería.

Por outra banda, vén de detectarse outro brote de Covid na cidade de Ourense. Tamen é de carácter familiar e ten con 6 casos: 3 mulleres de 35, 57 e 34 anos, 1 home de 31 e 2 menores. Todos eles en illamento a domicilio. Segue activo o seguimiento dos seus contactos estreitos.

Brotes de Mariñamansa, do Carballiño e Avión

No caso do brote detectado no barrio ourensán de Mariñamansa, comunicado o 27 de agosto, derivouse o seguemento dos contactos estreitos dos casos detectados ata agora neste brote de carácter social e veñen de detectarse 3 casos máis, co que ascende a 16 persoas afectadas: 2 homes de 66 e 55 anos e 1 muller de 57, segundo Sanidade. Todos eles permanecen en illamento e a seguimento domiciliario. Ademais mantense activo o seguimento dos seus contactos estreitos.

No Carballiño, o brote con orixe nunha xuntanza de amigos ascende xa a 8 casos, co diagnóstico nas últimas horas dun caso mais: 1 home de 68 anos, xa en illamento e a seguemento a domicilio.

Finalmente, no brote familiar detectado en Avión son 7 os casos, coa detección de tres novos positivos vencellados: 1 home de 80 anos, unha muller de 82 e un menor. Todos eles están a seguimiento a domicilio e mantense, así mesmo, o seguemento de contactos.

 

Artigos relacionados

Back to top button