DeportesÚltima hora

Novo calendario de actividades no entorno de Trevinca para o mes de setembro

A programación inclúe varias rutas pola contorna e sesións de observación astronómica

Actividade nocturna en Trevinca. / Foto: Carlos G. Hervella.

 

A entidade Terras Altas de Trevinca, en colaboración co Concello da Veiga e o Concello zamorano de Porto, ven de publicar unha axenda de actividades para o vindeiro mes de setembro que terán lugar no entorno de Trevinca.

Este calendario comezará o día 5 de setembro cunha ruta diurna no Moncalvo, de 22km e dificultade alta. Os días 11 e 18 terán lugar dúas actividades de observación astronómica. O 19 de setembro está programada unha ruta diurna por Pena Trevinca, de 24 km e dificultade alta. Este mesmo día e o 25 de setembro haberá outras dúas actividades relacionadas coa astronomía. Finalmente, o día 26 terá lugar unha ruta polos bosques de Trevinca de 15 km e dificultade media e unha observación da Lúa. Para participar é necesario contactar co guía Juanjo Lorenzo, de Terras Altas de Trevinca, mediante o número de teléfono 722 336 822.

 

Cartel da programación. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button
Close