ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Novo centenario en Quiroga

Juan Rodríguez vén de celebrar os seus cen anos rodeado de familia e amigos neste municipio lucense

Medio cento de familiares e amigos de Juan Rodríguez Vilafañe congregábanse no mesón Ferreiriño de Quiroga para participar nunha comida homenaxe polos seus cen anos recén cumpridos.

Ademais de ser centenario, Juan Rodríguez aínda pode presumir de levar unha vida activa, xa que segue exercendo como pedáneo do núcleo de San Xulián de Abaixo, motivo polo que o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, quixo agasallalo cunha placa en recoñecemento deste labor que leva exercendo máis de 40 anos.

Este quirogués segue exercendo ademais dous dos seus pasatempos preferidos: xogar algunha partida ás cartas ou supervisar as viñas. Pero esta fin de semana tocaba estar rodeado de familiares e amigos e gozar dunha merecida homenaxe por acadar tan avanzada idade con boa saúde e entusiasmo.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button