PolíticaÚltima hora

Novo comunicado dos socialistas vianeses sobre a falta de acordo co BNG no goberno municipal

O PSdeG-PSOE de Viana asegura que non se chegou a un acordo cos nacionalistas “porque o BNG e o seu equipo de negociación, despois de 10 reunións non quixeron”

Apenas unha semana despois do pleno de organización da Corporación de Viana do Bolo, celebrado o 23 de xullo, o grupo municipal socialista neste municipio vén de emitir un comunicado insistindo en que “se non chegamos a un acordo para formar un goberno de coalición foi porque o BNG e o seu equipo de negociación, despois de 10 reunións non quixeron”.

Tamén din que na última xuntanza, previa ao pleno, “estabamos dacordo na totalidade dos puntos principais, máis para saír do paso negóusenos un punto, no que xa quedaramos dacordo na anterior reunión e convidóusenos  dar por rematadas as negociacións ata despois do pleno e seguir coas conversas en setembro”, din os socialistas.

Na nota de prensa, emitida nesta tarde de 1 agosto, o PSdeG-PSOE vianés tamén di que, nesa reunión, “o noso grupo deixou ben claro que ou se pactaba nese intre ou despois sería demasiado tarde. Aclaróuselle que en todo momento o PSdeG de Viana no pleno previsto votaría sempre defendendo os seus principios”.

 

Artigos relacionados

Back to top button