ConcellosEducaciónÚltima hora

Novo cursiño de primeiros auxilios no CEIP Condesa de Fenosa

Escolares participando no cursiño impartido neste mesmo centro barquense hai uns meses./ Foto: Mónica G. Bellver.
Escolares participando no cursiño impartido neste mesmo centro barquense hai uns meses./ Foto: Mónica G. Bellver.

Para que os máis pequenos saiban como actuar en caso de atopar a unha persoa tirada no chan ou como facer unha pequena, entre outras cuestións, o CEIP Condesa de Fenosa do Barco acollerá un cursiño básico de primeiros auxilios para escolares. Está previsto que se imparta os días 17 e 19 de outubro e irá destinado ao alumnado de 6º de Primaria. “Imos darlle continuidade a unha actividade que nos propuxo no pasado curso Cruz Vermella Valdeorras”, sinalan dende este centro escolar barquense.

Artigos relacionados

Back to top button