EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Novo éxito da D.O. Monterrei en Pontevedra

Esta denominación de orixe vén de pechar na cidade do Lérez o seu ciclo de accións promocionais do 2021

 

A última actividade promocional da Denominación de Orixe Monterrei, celebrada en Pontevedra a pasada semana, contaba máis de oitenta participantes procedentes de toda a provincia. Ao longo de catro horas, e extremando as medidas hixiénico-sanitarias esixidas, membros do sector da restauración e hostalería, catadores ou distribuidores, entre outros, coñeceron as peculiaridades desta denominación vitivinícola galega.

Entre os asistentes ao Túnel do Viño da D.O. Monterrei en Pontevedra atopábanse representantes dos restaurantes Culler de Pau, Eirado da Leña, Loaira, Casa Sada, Barbol; así como das viñotecas A Sala do Catador, A Viñoteca do Mercado ou distribuidora Disvegal. Tamén se achegaron a esta actividade responsables de Grupo Norte, Viño Activo, Mais que Experiencias, e docentes e profesores das escolas de hostalería Carlos Oroza e Ramón Cabanillas.

Así mesmo, os participantes nesta iniciativa da D.O. Monterrei puideron degustar os tintos e brancos das seguintes adegas: Ladairo, Pazos del Rey, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.

Este túnel conclúe o ciclo de accións promocionais previsto para este 2021, que permitiu que os viños de Monterrei chegasen a cidades como Madrid, Alacante, Santander, San Sebastián, Santiago de Compostela ou A Coruña, entre outras. “Pontevedra sempre é unha das cidades fixadas no noso calendario promocional, e neste 2021 tamén quixemos volver a ela, xa que sempre nos recibiu cos brazos abertos”, indica a presidenta de C. R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button