ConcellosÚltima hora

Novo éxito do XV Festival Folk & Rock nas Portelas, en Lubián (Zamora)

Tivo lugar durante os pasados días cinco e seis de agosto, cun cartel internacional e unha grande afluencia

 

A Banda de Gaitas As Portelas de Lubián durante a actuación.

 

O XV Festival Folk & Rock nas Portelas, da localidade zamorana de Lubián, volveu a acadar un gran éxito nesta edición, que se celebrou os pasados días 5 e 6 de agosto. Este ano contaba cun cartel de luxo e internacional, o que se traduciu nunha grande afluencia.

O programa abríase na noite do día 5 cos concertos de rock a cargo de Mr. Simon’s Hell e Trogloditas. Así, continou na tarde de onte, día 6, en dúas partes. A primeira delas, tiña lugar na praza da igrexa coas actuacións de tres bandas de música tradicional: A.C. Gaitas de Baño de Cuntis (Pontevedra), A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) e por último, a máis esperada, a Banda de Gaitas As Portelas de Lubián (Zamora) da que forma parte o alcalde da localidade, Felipe Lubián.

 

Galandum Galundaina.

 

A segunda parte era a máis agardada, comezaba ás 22:00 horas coa actuación do grupo de música tradicional irlandesa, Galandum Galundaina, procedente de Portugal. Así, o gaiteiro asturiano Hevia poñía o broche final a este exitoso festival.

 

Hevia.

Artigos relacionados

Back to top button