CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Novo éxito do festival de acordeóns celebrado na Rúa

O Centro Cultural Avenida acolleu, por segundo ano consecutivo, o Día Mundial do Acordeón da man de Abertal

Pasodobre, tango, vals e mesmo rumba ou muiñeira. A versatilidade estilística do acordeón foi o que seduciu a moitos dos músicos que na tarde-noite do 14 de maio encheron o Centro Cultural Avenida da Rúa de vibrantes sons.

Por segundo ano consecutivo e da man da Escola de Música Tradicional Abertal e do profesor de acordeón Manuel Olegario, A Rúa acollía a celebración do Día Mundial do Acordeón. Un festival no que se deron cita acordeonistas da comarca de Valdeorras (todos alumnos do propio Olegario) e doutros puntos de Galicia como Vigo ou Tuy.

Da man de Maribel Campos, que de novo fixo de mestra de cerimonias, e nunha sala chea de público, un a un foron pasando polo escenario os músicos. A primeira era a máis pequena, Lara Rodríguez do Barco acompañada polo profesor que tamén acompañaba á maioría dos valentes alumnos que se animaron a tocar en solitario. Todos o fixeron moi ben pero o momento álxido do concerto tiña lugar coa actuación dos dous mestres, Manuel Olegario e Xaime Vilas, de Vigo.

Aparte dos solistas e dos dúos, o festival contou coa actuación do grupo de acordeóns Tarataña de Vigo e do grupo de acordeóns de Abertal que tocaron unha peza acompañados polo coro e dirixidos por Manuel Durán, mesare e director da escolla de música e baile tradicional da Rúa. O broche á gala poñíano todos xuntos no escenario interpretando o tema tradicional “O Galo”.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil,

Artigos relacionados

Back to top button