SanidadeÚltima hora

Novo falecemento dunha persoa diagnosticada por Covid na provincia

Publicidade
O Hospital Universitario de Ourense, un dos tres hospitais da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento nos últimos días en Galicia de 11 persoas que foran diagnostiacadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 88 anos que falecia na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras o día 30 de xaneiro. Dende a consellería non se detallou en que hospital ou distrito sanitario se rexistraba o falecemento.

Ademais perdían a vida o 29 de xaneiro un home de 72 anos na Área sanitaria de Vigo e un home de 87 anos e unha muller de 91 anos na Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; o 30 de xaneiro un home de 91 anos na Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; o día 31 de xaneiro unha muller de 95 anos e muller de 93 anos na Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza; unha muller de 92 anos, home de 69 anos e home de 78 anos na Área sanitaria de Vigo e unha muller de 89 anos na Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Todas as persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button