SanidadeÚltima hora

Novo falecemento dunha persoa diagnosticada por Covid na provincia

Fachada do Hospital de Verín. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento nas últimas horas en Galicia de tres persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 72 anos que falecía o 26 de novembro no Hospital de Verín.

Ademais perdían a vida un home de 77 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (o 27 de novembro) e unha muller de 92 anos no Hospital de Burela (o 28 de novembro).

As persoas falecidas presentaban patoloxias previas.

Artigos relacionados

Back to top button