SanidadeÚltima hora

Novo falecemento dunha persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Ourense

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nas últimas horas en Galicia de catro persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 30 anos que estaba ingresada no Hospital Universitario de Ourense.

Ademais perdían a vida un home de 87 anos no Hospital Lucus Augusti de Lugo, unha muller de 75 anos e unha muller de 86 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

As castro persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button