En portadaÚltima hora

Novo falecemento dunha persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Valdeorras

Exterior do Hospital de Valdeorras no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento en Galicia nos últimos días de oito persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas no Hospital Público de Valdeorras (HPV). Trátase dunha muller de 94 anos que perdía a vida o 26 de decembro neste centro hospitalario barquense. É o segundo falecemento dun paciente de Covid que se produce en apenas catro días no HPV.

Ademais, en Galicia perdían a vida outras sete persoas: un home de 86 anos o 23 de decembro e un home de 59 anos o 24 de decembro o Complexo Hospitalario de Vigo (CHUVI); un home de 84 anos en Povisa e un home de 74 anos no CHUVI o 25 de decembro; un home de 90 anos en Povisa e un home de 82 anos no CHUVI o día 26 de decembro; e unha muller de 81 anos o 27 de decembro no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Todos tiñan patoloxias previas, agás o paciente de 59 anos, segundo informa Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button