SanidadeÚltima hora

Novo falecemento no CHUO dunha persoa diagnosticada por Covid

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de notificarse o falecemento nas últimas horas en Galicia de tres persoas que foron diagnosticadas por coronavirus. Unha delas é un home de 89 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e que tiña patoloxías previas.

Ademais, perdían a vida un home de 93 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti e outro home de 87 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Os dous tiñan tamén patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button