ConcellosÚltima hora

Novo falecido en accidente de tráfico na estrada entre A Gudiña e Viana

O GES da Gudiña, na retirada do coche accidentado.
O GES da Gudiña, na retirada do coche accidentado.

Na mañá do 19 de novembro a estrada OU-533, que une A Gudiña con Viana do Bolo, rexistraba outro grave accidente de tráfico. Tiña lugar no quilómetro 5,300, en sentido Viana do Bolo e neste termo municipal. O turismo sinistrado saíase da vía pola marxe esquerda, con choque contra árbore e posterior volco.

Como consecuencia diso, a condudtora e única ocupante do vehículo falecía, segundo se informa dende a OPC de Ourense da Garda Civil. Trátase dunha muller, M.C.V.S., de 45 anos e veciña de Tamaguelos-Verín.

Imaxe do vehículo accidentado.
Imaxe do vehículo accidentado.

Ata o lugar do accidente desprazábanse efectivos da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e o 061, así como o GES da Gudiña. A medida que se coñezan máis datos, irase ampliando a información.

Artigos relacionados

Back to top button