En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Novo incendio forestal en Montefurado (Quiroga)

 

As chamas están a afectar, novamente, a Montefurado (Quiroga). Nesta mañá de 20 de agosto iniciábase outro incendio forestal, o terceiro no que vai de verán nesta zona lucense.

O lume está moi preto dos anteriores e tamén xunto á estrada N-120, baixo a localidade de Montefurado, preto da antiga casa do garda agullas, en concreto, no punto quilométrico 476. Ata o lugar desprazábanse diversos medios para facerlle fronte, entre eles dous helicópteros, tres camións, varias brigadas, así como a Garda Civil e a Policía Local de Quiroga.

O incendio tiña varios focos, ademais deste que afectou a Quiroga, outro tocaba ao Concello de Ribas de Sil.

En canto se teñan máis datos ampliarase información.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button