ConcellosÚltima hora

Novo incendio forestal en Viana do Bolo, desta volta en Ramilo, cunhas 50 hectáreas queimadas

Iniciábase ás 23h. de noitevella e está controlado dende as 11:16h. deste martes 1 de xaneiro
Imaxe nocturna dende lonxe deste incendio en Ramilo.

 

Con lume no monte comezaba o ano en  Viana do Bolo. Apenas uns días despois do incendio forestal que se producía en Penouta, neste mesmo municipio, ás 23h. do 31 de decembro producíase un novo incendio, pero desta volta na parroquia de Ramilio.

A Consellería do Medio Rural informa do control do incendio ás 11:16 h. deste 1 de xaneiro e indica tamén que afecta unhas 50 hectáreas, segundo as primeiras estimacións.

Neste incendio traballan 3 axentes, 7 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

 

Artigos relacionados

Back to top button