CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Novo mosaico con selo valdeorrés, desta volta en Ferrol

O artista valdeorrés Gerardo Rodríguez Ramos “Chere”, acompañado por membros da súa familia, coordinaba unha nova proposta deste tipo con carácter solidario

A asociación da síndrome de down TEIMA de Ferrol celebraba a finais de xuño o seu 25 aniversario cunha gran festa e un mosaico participativo no Parque “Raíña Sofía”. Música, clases de baile, sesión vermú, comida de confraternizacion e moitas máis actividades desde a mañá ata ben entrada a noite.

Por alí pasaron moitos e grandes artistas e amigos. Andrés Balado, entre outros, o galego finalista de “La Voz” deleitounos coas súas cancións e colaborou na construción dun mosaico no que participaron todos os ” Teimudos”, xa que é así comos e coñece aos membros da asociación TEIMA.

 

Un dos momentos da elaboración do mural.

 

Un sinal que reflexa a dura peregrinaxe desta asociación ao longo de 25 anos foi o resultado final después de todo el día poniendo teselas. Cada un dos Teimudos puxo unha tesela.

Polo mosaico pasaban o novo alcalde de Ferrol, concelleiros novos e antigos, secretarios xerais, membros da Cruz Vermella, membros de TEIMA e, sobre todo, persoas don síndrome  de down que realmente foron os protagonistas de toda a xornada.

Texto e fotos (cedidas): Chere.

 

Artigos relacionados

Back to top button