CulturaCulturaÚltima hora

Novo mural do Camiño de Inverno no Malecón (O Barco) da man de Coquixo e Óscar Padrevecchi

 

Nestes días vén de iniciarse a elaboración dun novo mural alusivo ao Camiño de Inverno no muro do solar do Paseo do Malecón que está entre as rúas Abdón Blanco e Ourense. Trátase dun mural sinxelo e non figurativo, coa palabra Camiño e a representación en cores do río Sil e as súas verdes ribeiras, tal como adiantan dende o Concello do Barco.

Traballarán en equipo os artistas Óscar Padrevecchi, de orixe arxentina e residente no Barco, e o barquense Luis Enrique Rodríguez “Coquixo”. O traballo prolongarase durante aproximadamente 15 días. “Estase traballando tamén na realización de máis murais con artistas locais que xa teñen colaborado anterioremente co Concello”, tal e como se informa dende esta administración local.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button