ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Novo paso do Concello na aposta por unha “Viana en Verde”

Viana do Bolo incorpórase á II Campaña provincial de compostaxe doméstica

 

O Concello de Viana do Bolo súmase á II Campaña provincial de compostaxe posta en marcha por Sogama e pola Deputación Provincial de Ourense. Baixo o lema “Aprende a sacar proveito do teu lixo orgánico”, a veciñanza deste municipio poderá conseguir o seu propio abono de calidade “coa importancia que iso conleva en canto a coidado e preocupación pola conservación do medio ambiente”, destaca a concelleira de Medio Ambiente de Viana, Carmen Conde.

As persoas interesadas poderán anotarse ata xaneiro de 2022 no Concello de Viana, onde tamén se lles informará das condicións para participar nesta campaña.

Dende a Concellería de Medio Ambiente vianesa anímase “a toda a veciñanza, tanto da vila como das aldeas, a participar neste programa tan necesario e importante para o futuro e conservación do noso entorno”.

 

Artigos relacionados

Back to top button