Cultura

Novo plan de inmersión lingüística IES Cosme López da Rúa

As actividades son de carácter gratuíto para o alumnado
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Un total de 23 alumnos de 4º da ESO do IES Cosme López Rodríguez da Rúa, participarán nunha actividade de inmersión lingüística. O curso está incluído no Plan galego de potenciación das linguas estranxeiras da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e realizarase en réxime de internado entre o 8 e o 14 de decembro, nas instalacións do Centro de excelencia para a formación de inglés de Os Peares (Ourense).

As actividades son de carácter gratuíto para os alumnos e inclúen os gastos de docencia e material escolar, a manutención, o aloxamento e as actividades culturais, deportivas e complementarias do curso, así como os monitores de grupo.

Dos 150 que o solicitaron, o Cosme López é un dos 27 centros de toda Galicia que participan no plan do que se beneficiarán 500 rapaces.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button