DeportesÚltima hora

Novo podio para Lucía Herrero Valcarce na súa segunda final nunha liga nacional de karate

A karateka barquense do River Stone proclamábase subcampioa na primeira fase do campionato sub 21 celebrada en Ávila

 

Lucía Herrero na final. /Foto: RFEK.

 

A piques estivo de subir ao alto do podio pero finalmente quedaba no segundo escano, proclamándose subcampioa na primeira fase da liga nacional de karate.

A karateka barquense Lucía Herrero Valcarce (KC River Stone) está cada vez máis cerca de lograr o seu obxectivo. Desta volta case o logra e iso que, sen ter aínda os 18 anos, participaba na categoría sub21 (en kumite -55kg) competindo con deportistas maiores ca ela.

 

Lucía Herrero Valcarce, primeira pola esquerda. /Foto: RFEK.

 

Como unha das 20 deportistas galegas presentes no campionato disputado esta fin de semana en Ávila, Lucía chegaba á final despois de vencer a Daniela Nikolae no primeiro combate, a Sonia Pereira (actual campioa de España sub21) en cuartos de final e a Fátima Zahrae en semifinais. Xa só lle quedaba loitar polo ouro enfrontándose a María Prats Franco da Selección de Castela A Mancha. “O combate levouno moi ben pero acabou perdendo 0-1, quizais pola veteranía da rival en finais como a de hoxe”, aseguran dende o club valdeorrés.

Para Lucía é o primeiro ano como sub21 e a segunda final nunha liga nacional.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close